Actualidad > Noticias 

Actualidad

A CASA RODANTE Mettez à jour votre navigateur | Facebook

Mettre à jour votre navigateur

Le navigateur en cours d’utilisation n’est pas compatible avec Facebook.
Pour une meilleure expérience, allez sur un de ces sites et téléchargez la dernière version de votre navigateur favori :
Google Chrome
Mozilla Firefox
Installez Facebook sur votre téléphone
Restez connecté tout le temps, où que vous soyez.
 
Boletín
 

Mantente informado/a

Recibe nuestro boletín

Más info  

 

VOLUNTARIADO APAMP

Noticias 

Retómase o Grupo de Mulleres grazas a colaboración da Morada
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

06/09/2022

A actividade ten como obxetivo principal crear un espazo onde todas poidamos expresar os sentimentos e emocións con liberdade, sen sentírmonos axuizadas, respectando a nosa diversidade. 

O grupo de mulleres chamado "As Bandidas" corde no 2016 e está formado por mulleres con parálise cerebral da residencia de APAMP. Déronse conta da necesidade de atopar espazos de intimidade e seguridade no que poder compartir experiencias, inquietudes, desexos e medos que vivimos como mulleres nesta sociedade.

Esta experiencia permitiunos identificar e evidenciar as diferentes formas de opresión ás que se enfrontan continuamente dende pequenas as mulleres con diversidade funcional e sobre todo que estas eran compartidas: resoaron nas outras as historias que foron valentes de contar e que o grupo acompañou. Todo isto implicou un proceso de apoderamento individual e colectivo transformador para as nosas vidas, que ademais de facer xurdir unha vía de traballo máis reivindicativa, foi tecendo e afianzando a rede de sororidade, apoio e amizade das participantes.

Coa existencia da coperativa Morada, quixeron ampliar esta experiencia a outras mulleres doutras entidades de diversidade funcional da cidade. Cremos que é necesario para o proceso de independencia e apoderamento das mulleres facilitar espazos onde ampliar as súas relacións interpersoais, saír das entidades para participar activamente da vida social e cultural da cidade, nun contexto inclusivo que teña en conta as súas necesidades.

 

OBXECTIVOS:

- Crear un espazo onde todas poidamos expresar os nosos sentimentos e emocións con liberdade, sen sentírmonos axuizadas, respectando a nosa diversidade.
- Potenciar o autocoñecemento das participantes: conectar cos nosos corpos, coñecelos, exploralos e aprender a querernos.
- Abordar temas en relación á saude das mulleres: a nosa sexualidade, o ciclo menstrual, a menopausia e o climaterio.
- Recoñecer e identificar os estereotipos de xénero e as desigualdades que supoñen.
- Comprender como se crean as diferenzas de xénero no proceso de socialización.
- Reflexionar acerca da dobre discriminación e as múltiples opresións que sofren as mulleres con diversidade funcional e as súas consecuencias.
- Favorecer a confianza e a creación de vínculos sólidos mediante dinámicas de grupo participativas en base ás propias experiencias.

CONTIDOS:

1. Aprendendo a querernos: consciencia corporal e autocoñecemento.
2. Saúde das mulleres. Sexualidade e afectividade.
3. Experiencias vitais de vida como punto de partida para a reflexión colectiva.
4. Sistema de socialización en función do xénero: estereotipos e roles de xénero.
5. Os mitos do amor romántico nas películas, na música e na cultura e a súa vinculación coa violencia de xénero.
6. A interseccionalidade de xénero e as violencias específicas.

Archivada en:

Actualidad > Noticias

MATERIALES RELACIONADOS
Noticias
Noticias por Fecha