Actualidad > Noticias 

Actualidad

A CASA RODANTE Mettez à jour votre navigateur | Facebook

Mettre à jour votre navigateur

Le navigateur en cours d’utilisation n’est pas compatible avec Facebook.
Pour une meilleure expérience, allez sur un de ces sites et téléchargez la dernière version de votre navigateur favori :
Google Chrome
Mozilla Firefox
Installez Facebook sur votre téléphone
Restez connecté tout le temps, où que vous soyez.
 
Boletín
 

Mantente informado/a

Recibe nuestro boletín

Más info  

 

VOLUNTARIADO APAMP

Noticias 

APAMP celebra o seu 45 aniversario coa inauguración do mural de cerámica “Malas Herbas”
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

06/09/2022

O mural foi elaborado polos artistas David Diz e Aram Rios e supón unha homenaxe a poeta Pilar Álvarez. 

APAMP (Asociación de familias e persoas con parálise cerebral) inaugura, con motivo da celebración do seu 45 aniversario, o mural de cerámica “Malas Herbas” elaborado nun dos seus obradoiros polos artistas David Díz e Aram Ríos.  O mural está ubicado na rúa Miguel Hernández, nº1, diante do centro de día e ocupacional.

O mural “Malas herbas”,  reivindica esas herbas que nacen en cada esquina, baixo as pedras, que trepan polos valados, sen importar o día o mes, o ano. Esas malas herbas que se aferran ao chan con forza, que se adaptan ao medio e sempre encontran o xeito de saír da terra e esténdense sen presa, pero sen pausa. E aquí é onde nós vemos identificados como colectivo, como persoas que viven erguéndose cada día. Reivindicamos a súa, a nosa beleza natural, a beleza non programada, a beleza imprevisible, poñendo en valor a riqueza e a diversidade que existe na nosa contorna sen que a apreciemos realmente. Esas malas herbas, convértense nun bo símil coa exclusión social, coa discapacidade. Queremos que se vexa a súa beleza, queremos pór en valor a súa dignidade e a súa presenza na sociedade.

No acto realizamos unha homenaxe a poeta Pilar Álvarez, acompañado dun pequeno recital de poesía da man das poetas galegas Míriam Ferradáns e Carmen Quinteiro.

“Malas Herbas” é un anaco do proxecto “Di Verso”, un proxecto que ten como finalidade xerar un entorno que destaque pola súa beleza, ó mesmo tempo que crear un espazo de arte e poesía  en toda a contorna da rúa Miguel Hernández. “Malas Herbas” supón a segunda intervención que a entidade realiza nesta rúa, xa que hai dos anos interviña outra das fachadas coa colocación do mural resultado da súa segunda intervención artística denominada “Desbarrando na rúa”, adicada a poeta Nuria Vil.

Esta intervención forma parte do programa Medianeras 2021 do Concello de Vigo.

Archivada en:

Actualidad > Noticias

MATERIALES RELACIONADOS
Noticias
Noticias por Fecha