A secretaria xeral de Emprego en data 01/10/2019 ditou resolución pola que se outorga unha subvención, con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.481.5, polo importe de 29.554,06 euros a APAMP, equivalente aos custos salariais das persoas traballadoras contratadas, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, resultantes da contratación de 3 persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “MELLORA DE SERVIZOS DE ATENCIÓN DIURNA E RESIDENCIAL: realizando as tarefas de coidado de persoas con parálise e tarefas de mantemento de instalación; co obxectivo de proporcionarlle unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral, e acadar a súa integración no mercado e dirixido a mellorar a empregabilidade.
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.
C/ Miguel Hernández Nº 1
36210 VIGO (PONTEVEDRA)
T: 986 294 422
apamp@apamp.org
El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al mecenazgo
de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa